Visita especial no Pazo: O Río Breogán recibiu o alumnado do IES Manuel Mallo Mallo
O equipo recibiu o alumnado do IES Manuel Mallo Mallo de Nadela (Lugo)
Un grupo de estudantes e profesores do centro pasaron parte da mañá no Pazo, onde tiveron a oportunidade de presenciar parte dun adestramento, coñecer zonas que normalmente non están abertas ao público, como os vestiarios ou a sala de prensa, e tamén compartiron tempo cos xogadores e técnicos. Estes últimos asinaron unha chea de autógrafos e fixeron fotos cos rapaces e rapazas. Agradecemos a visita!
Esta actividade enmárcase no programa de achegamento do deporte a escolares e entidades de interese social, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.