
O equipo lucense chagou a un acordo co pivot de 2,08 m. e 24 anos procedente do filial do FC Barcelona
O interior ucraniano Volodymyr Herun vestirá a camisola celeste na tempada 2018/2019.
Internacional co seu país en tódalas seleccións de formación, tras una etapa na Canarias Basketball Academy, Herun iniciou a súa carreira moi novo no seu país (BC Dnipro Dnipropetrovsk) antes de pasar a súa etapa universitaria xogando en Virginia Occidental e Portland.
Na campaña 2015/2016 xogou no equipo de LEB Plata do Fuenlabrada e experimentou unha clara progresión que o levou a ser peza importante en conxuntos como Força Lleida, CB Clavijo e FC Barcelona B, onde demostrou ser un dos mellores interiores da categoría promediando 14,8 puntos e 7,9 rebotes por partido na pasada tempada.
Herun é un xogador duro, bo reboteador, que pode xogar aberto e con bo 1x1 e capacidade anotadora tanto baixo os aros como a media distancia.


