O Cafés Candelas Breogán recibe ao FC Barcelona o domingo 7 ás 19:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo
Como se anunciou ao principio de tempada, o partido é declarado Día do Club, polo que os abonados deberán pagar un suplemento- 12 euros para os sénior, 10 para xóvenes e universitarios, e 8 para la categoría infantil independientemente da zona do abono- para presenciar o encontro.
O suplemento poderase adquirir ata o día 27 de marzo (fase aberta o 10 de xaneiro), na web do club dentro da pestana taquilla, para os abonados, que poderán mercar tamen unha entrada extra por carnet en prazo preferente para outra persoa a precio xeral. FASE REMATADA
Dende o día 28 de marzo e ata o 1 de abril a última hora os aboados poderan acceder e mercar as entradas liberadas polo socios que non mercaron o seu suplemento e que, polo tanto, deixan liberadas as súas localidades. FASE REMATADA
Dende o día 2 de abril, as entradas dispoñiblesa, venderanse para o público xeral.
Para o acceso á compra do suplemento de aboado pedirá os datos que o aboado proporcionou no momento da alta. Empregando o abono principal da familia poderase mercar todolos suplementos xuntos nunha soa operación. O sistema permite eliminar da cesta aquel ou aqueles que non desesaxe mercar.
Empregando os carnets non principais da familia o proceso de compra será individualizado, precisando o acceso os perfils -de un en un- o número de aboado e contrasinal.
O proceso de compra e o seguinte:
Aconsellase facelo nunha fiestra individualizada e anónima premendo pra elo simultaneamente as teclas "Control+Mayusculas+N" para evitar porblemas de caché de posibles sesións anteriores.
PASO1: ENTRAR EN "TAQUILLA"
PASO 2 ENTRAR EN "PERFIL/AVATAR/ SÍMBOLO DE USUARIO/ "O Sr. Breo"
PASO 3: ÁBRESE NOVA VENTÁ PARA INTRODUCIR DATOS
Comprobamos que as entradas son as correctas . Procedemos ao pago na pasarela de pago onde será necesario número de tarxeta de crédito, data de caducidade e o numero de seguridade de tres dixitos que aparece no reverso da mesma.
Xa que o proceso de compra está verificado, unha vez introducidos os datos receberá no seu móvil un SMS cun contrasinal que será necesario introducir na nosa paxina para rematar o pago. Nalgúns bancos o proceso realizase a través da aplicación móvil onde recibe un aviso.
Finalizado o proceso de compra o partido cargarase automáticamente na tarxeta de abonado .
É dicir que unha vez pagado o suplemento non será necesario descargar ningún documento para poder acceder ó Pazo dos Deportes o día de partido, senón que se accederá coma sempre pasando a tarxeta de abonado polos lectores da súa porta habitual.
Poderá comprobar que está cargada a entrada na tarxeta de aboado entrando no perfil persoal, na opción mis entradas. Para elo:
1º Voltamos a repetir o paso 2º premendo no avatar (cabeciña do Sr. Breo).
2º E emerxe unha nova fiestra. Picamos sobre "MIS ENTRADAS" e ali comprobaremos que está cargado o partido no noso carnet de aboado da tempada: