O xogador español con pasado en NCAA traballará temporalmente co equipo celeste
Yankuba Sima Fatty (28 de xullo de 1996, Girona) é un pívot de 2,09 m de corte defensivo, con capacidade atlética e intimidador.
Nado en Girona, onde comezou no baloncesto da man do Sant Josep, pasou tamén pola Canarias Basketball Academy.
Posteriormente pasou a estudar en Estados Unidos onde militou na Country Day High School en Jacksonville e no instituto Delray Beach de Florida. Posteriormente tivo un paso poer NCAA en St. Johns (NY) e Oklahoma State.
A colaboración do xogador co Cafés Candelas permitirá paliar os problemas físicos dos xogadores interiores aportando unha rotación máis no día a día dos celestes.