Iván Frade, axudante de Quique Fraga no Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O equipo lucense conta cunha nova incorporación no corpo técnico. Trátase de Iván Frade, que xa traballa como axudante de Quique Fraga Iván Frade é un adestrador lucense de 38 anos que xa fora axudante de Fraga no equipo EBA do Estudiantes Lugo en 2010.

Iván Frade, axudante de Quique Fraga no Cafés Candelas Breogán

Frade ten unha ampla experiencia como axudante e responsable de scouting en diversas categorías tanto de baloncesto feminino como masculino e chega ao Breogán dende o Basquet Coruña, onde coordinaba parte das categorías inferiores do club herculino e adestraba a equipos de base. Esta faceta compaxinouna dende 2013 co departamento de scouting do equipo LEB Oro.

Anteriormente, Iván Frade pasou por clubes como Estudiantes Lugo, Zornotza Saskibaloi  (EBA), Irlandesas LF2, ou Franciscanos e Cidade de Lugo.

Frade traballará dende esta semana con Quique Fraga e o resto do corpo técnico celeste e estaría no banco local o vindeiro sábado no Pazo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información