A loita contra o cancro fíxose notar no Pazo

Compartir con

O Breogán colaborou con AECC e dedicou o partido a informar sobre prevención con motivo do día mundial de loita contra a doenza.

A loita contra o cancro fíxose notar no Pazo

Voluntarios da Asociación Española de Loita contra o cancro repartiron nas portas de acceso unha mazá a cada asistente ao partido  do Cafés Candelas Breogán como símbolo da prevención a través da alimentación saudable, unha das bases da loita ante un mal que se sitúa como unha das principais causas de mortalidade entre a poboación.

A iniciativa contou coa colaboración da Deputación de Lugo e a empresa Frutas Lugo  que aportou froita suficiente para que todos os asistentes ao encontro tiveran a súa mazá nunha bolsa con información sobre como previr a doenza.

Tamén se despregou unha pancarta coas cores da  AECC.

A loita contra o cancro fíxose notar no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información