ADOS recoñece o compromiso do Breogán como entidade colaboradora

Compartir con

A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos de Galicia celebra 30 anos de traballo

Nunha gala celebrada en Santiago de Compostela, a Axencia de Doazón de Galicia recoñeceu a colaboración de entidades e persoas que durante os últimos anos axudan nunha causa que permite salvar vidas.

O Breogán, co impulso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e dentro do seu marco de patrocinio, leva tempo colaborando con ADOS e na tempada que ven de rematar dedicou unha campaña que incluíu un partido dedicado a difundir a importancia da doazón, con participación activa de técnicos e directivos que acudiron a doar sangue nas unidades móbiles da axencia.

Unha colaboración que se mantén no tempo e que mereceu o recoñecemento de ADOS cun galardón que recolleu o presidente do CB Breogán, José Antonio Caneda.

O Breogán agradece o recoñecemento e comprométese a seguir traballando polas causas que pagan a pena.

ADOS recoñece o compromiso do Breogán como entidade colaboradora

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información