Día definitivo da final do derbi do Miño. Dous equipos galegos batendo récord de ilusión e de deportividade, sorprendendo a moitos nas audiencias e pelexando por un soño merecido por ámbolos dous. O Breoganismo mobilizouse e o equipo celeste viaxa a Ourense arroupado por unha das maiores mareas celestes que se recordan. Moitos quedaron sen entrada. Bares, postos de traballo, domicilios, todos estarán conectados e pendentes do derbi, empurrando dende a distancia.
Un milleiro de breoganistas estarán no Paco Paz cos seus, un martes do mes de xuño que será lembrado para sempre pase o que pase.
Dende o CB Breogán no temos palabras suficientes para expresar o agradecemento a todos os que nos apoiaron neste ano duro pero que ao final, entre todos, converteuse nunha tempada na que se pelexou por todo. O equipo, ese EQUIPO con maiúsculas que formades todos, loitará para lograr este soño compartido. Grazas.