Grazas á colaboración de Marzo Saúde e a empresa Capenergy o Breo conta, na clínica do Pazo, coa última tecnoloxía en recuperación para os xogadores.
O uso das máquinas cedidas ao club está en mans de Belén Díaz, a nosa fisioterapeuta formada para sacarlle o maior rendemento a esta tecnoloxía. Grazas a elo, homes como Dani López ou Pep Ortega xa saben o que é mellorar en prazos moi curtos das súas doenzas.
Capernergy aporta unha tecnoloxía de hipertermia que facilita o aporte de osíxeno e sangue aos tecidos, mellorando o rendemento e a recuperación.
Máis información en Www.capenergy.com e Marzo Saúde
Dende o club queremos agradecer a implicación de Marzo Saúde e Capenergy co deporte e co Breo. Fagamos equipo!