Cita co Cafés Candelas Breogán este sábado no Pazo (19:15 h.)

Compartir con

O equipo celeste volve á súa casa onde buscará recobrar a confianza que dan as vitorias. O riva, Prat Joventut, so acadou un trunfo no que vai de liga, o que non significa que non se trate dun rival complicado e ante o que fará falla total concentración e evitar os erros que levaron ao Breo a encadear catro derrotas seguidas.

Cita co Cafés Candelas Breogán este sábado no Pazo (19:15 h.)

O filial do Joventut conta con xogadores novos e de calidade e tamén con veteráns coñecedores da categoría como o caso do ex celeste Xavi Forcada, máximo anotador do equipo catalán con 14,89 puntos por partido, seguido de Alex Ros (10,33).

Na liña interior contan con outro veterano, José Manuel Coego, un dos máximos reboteadores do conxunto catalán (4,56 rpp) xunto a homes como Gerbert Marti (5rpp) ou Nikolic (4,29 rpp).

O encontro dará comezo ás 19:15 horas no Pazo.

Debido a incremento das medidas de seguridade nos espectáculos deportivos, dende o CB Breogán pedimos aos nosos afeccionados que adianten a chegada ao Pazo na medida do posible, e eviten acudir ao encontro deste sábado (19:15 horas) con mochilas e outros obxectos que non sexan imprescindibles.

Agradecemos a comprensión e colaboración de todos.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información