Jeff Xavier poderá xogar o derbi galego do día 6 no Pazo

Compartir con

O CSD comunicou ao CB Breogán durante este venres que toda a documentación recibida en relación ao xogador é correcta e ten vía libre para xogar no Cafés Candelas Breogán dende a vindeira xornada, que coincidirá co derbi galego ante o COB (sábado 6 de febreiro, 19:15 horas, Pazo dos Deportes de Lugo).

Foto: El Progreso
Foto: El Progreso

O club remitira no momento da fichaxe toda a documentación solicitada  referente ao pasaporte caboverdiano de Xavier para cumprir os trámites esixidos para xogadores con dobre nacionalidade, pero os prazos non permitiron que Jeff Xavier xogara ante Básquet Coruña.

Na mañá de  hoxe venres o CSD comunicou a resolución coa conformidade total que da luz verde para que o xogador participe nos partidos do Cafés Candelas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información