Mamadou Samb, un ano máis no Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O ala-pívot de orixe senegalesa e nacionalizado español e o club celeste chegaron a un acordo para que o xogador continúe defendendo a celeste na campaña 2015/2016. Samb asinou 10 puntos e 4 rebotes de media na pasada campaña e procurará seguir progresando no equipo lucense do que xa foi unha importante referencia na súa primeira campaña.

Samb continúa no Cafés Candelas Breogán. Foto: Pat Muñoz
Samb continúa no Cafés Candelas Breogán. Foto: Pat Muñoz

Mamadou Samb, de 2,10m., un dos xogadores máis queridos pola afección breoganista pola súa entrega tanto dentro como fora da pista, xogará por segunda tempada consecutiva no Breogán, ao que chegara procedente do Bilbao Basket (ACB).

A renovación de Samb súmase á continuidade de xogadores como Álex López, Matulionis, Llorca  e Dani López, e á chegada dos recén incorporados Rakocevic, Wright, Ucles e Llorente.

O club traballa para seguir completando un plantel e nos vindeiros días agárdanse novidades ao respecto.

Sin título-1.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información