Os aboados poderán mercar unha entrada de cortesía para os encontros da semifinal

Compartir con

Como xa aconteceu na primeira eliminatoria, os abonados do Ribeira Sacra Breogán da tempada 2014/2015 entrarán co seu abono aos encontros de semifinal e, ademais, poderán retirar unha entrada de cortesía por 5€ para cada un dos partidos da serie. Estas venderanse de xeito individual antes de cada respectivo encontro e será imprescindible presentar o carné para adquirilas.

Os aboados poderán mercar unha entrada de cortesía para os encontros da semifinal

As entradas venderanse do seguinte xeito:

PRIMEIRO PARTIDO (VENRES 8 DE MAIO, 21:00 horas):

Venda de entradas nas oficinas do Pazo o xoves de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e o venres de 9:00 a 14:00 horas e a partir das 17:00 horas (primeiro en oficinas e xa antes do partido en taquilla).

 

SEGUNDO PARTIDO (DOMINGO 10 DE MAIO, 18:45 horas):

Venda de entradas o sábado en oficinas en horario de 11:00 a 14:00 horas e o día de partido (domingo) en taquilla a partir das 17:00 horas.

Só se venderá unha entrada de cortesía por cada carné de abono (excepto Baby Breo) para cada un dos partidos. Será imprescindible presentalo no momento de mercar a entrada.

As entradas para os NON ABOADOS manteñen os prezos habituais da tempada:

Senior: 15€

Especial: Universitario menor de 25 anos e persoas maiores de 65 anos: 10€

Infantil: Menores de 18 anos: 5€

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información