Osvaldas Matulionis confirma a súa continuidade no Breogán

Compartir con

O xogador lituano xogará a súa segunda campaña no equipo celeste na tempada 2015/2016 ao non executar a cláusula que contemplaba o seu contrato para unha posible saída. Ademais, confirma que seguiría no club lucense na campaña 2016/2017 en caso de ascenso e amplía as cantidades da súa cláusula de saída.

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz

O CB Breogán chegou a un acordo con Osvaldas Matulionis para a súa continuidade. A non execución por parte do xogador da cláusula de saída permitirá que xogue a súa segunda tempada como breoganista, e ademais abriu a porta para prolongar o acordo polo que o xogador seguirá unido ao equipo celeste na 2016/2017en caso de ascenso á máxima categoría.

As cláusulas de saída que tiña no seu contrato seguen vixentes aínda que se amplían considerablemente a súas cantidades e se reduce o número de competicións de saída polas que se podería executar.

O xogador, que rexeitou algunhas ofertas de equipos europeos, manifestou a súa satisfacción por seguir en Lugo e o seu desexo de continuar traballando e mellorando como xogador vestido de celeste.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información