Osvaldas Matulionis, no quinteto ideal da xornada

Compartir con

Os 28 puntos de valoración do aleiro lituano foron fundamentais para que o Ribeira Sacra Breogán acadase a súa cuarta victoria da tempada en Pamplona. Na estatística do xogador celeste figuran 24 puntos -con 5 triplas de tres intentos-, 5 rebotes, unha asistencia, un tapón, unha recuperación e 3 faltas recibidas.

Foto:Pat Muñoz
Foto:Pat Muñoz

Osvaldas Matulionis é o terceiro xogador celeste que figura nun quinteto ideal na presente campaña: Álex Llorca estivo en tres ocasións e Dani López noutra.

Quinteto ideal cuarta xornada:

Base: Dani Rodríguez (Quesos Cerrato) 23 val: 19 puntos, 2 rebotes, 4 asistencias, 1 recuperación e 2 faltas recibidas.
Escolta: Carles Bravo (Melilla Baloncesto) 22 val: 18 puntos, 4 rebotes, 3 asistencias, 1 recuperación e 6 faltas recibidas.
Aleiro: Osvaldas Matulionis (Ribeira Sacra) 28 val: 24 puntos (5/5 triplas), 5 rebotes, 1 asistencia, 1 recuperación, 1 tapón y 3 faltas recibidas.
Ala-Pívot: Javi Múgica (Força Lleida) 32 val: 21 puntos (5/6 triplas), 10 rebotes, 3 asistencias e 2 faltas recibidas.
Pívot: Carl Baptiste (Planasa Navarra) 23 val: 10 puntos, 11 rebotes, 1 recuperación, 3 tapones e 6 faltas recibidas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información