Presentado o I Trofeo Julio Vila ao mellor xogador da tempada para a afección

Compartir con

Por iniciativa das peñas do club (Embreogados e Peña Breogán) esta tempada o xogador máis votado pola afección e as peñas levará un recoñecemento en forma de trofeo que levará o nome do lembrado Julio Vila, todo un símbolo dos afeccionados durante décadas.

O Conselleiro Delegado do CB Breogán, Alberte Fernández, acompañado de presidente da Peña Breogán e representante de Embreogados, presentaron a iniciativa mediante a cal os afeccionados poderán votar polo seu xogador favorito no apartado da web cbbreogan.com de enquisa.

Os tres xogadores máis votados Terán unha puntuación de 5, 2 e 1 punto respectivamente e a ese resultado sumarase a puntuación das peñas que asignarán, cada unha delas, 3, 2 e 1 punto aos tres xogadores máis votados entre os seus membros. Da suma desas dúas puntuacións sairá o xogador premiado. En caso de empate, as peñas terían voto de calidade e o xogador máis votado por Peña Breogán e Embreogados sería o galardoado.

O Xogador terá un recoñecemento en forma de entrega dun trofeo e unha camiseta da cada unha das peñas.

O prazo de votación remata a última hora do mércores día 15 de abril, e a intención é  de entregar o trofeo durante o primeiro partido de play off en Lugo.

Dende o CB Breogán queremos animar a tódolos seareiros a participar na votación e tamén queremos agradecer a ámbalas dúas peñas a súa iniciativa, especialmente a lembranza para Julio Vila, o cal lles honra especialmente. Parabéns.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información