Ribadeo acollerá una concentración de pretempada do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Como xa acontecera a pasada tempada, o equipo celeste fará parte da súa preparación na vila mariñá de Ribadeo. O Cafés Candelas estará dúas xornadas completas os días xoves día 3 e o venres día 4, remantando cun amigable ante o Leyma Básquet Coruña no Municipal de Ribadeo.

Ribadeo acollerá una concentración de pretempada do Cafés Candelas Breogán

Esta miniconcentración faise coa colaboración do Concello de Ribadeo e do club local «Be One Club Baloncesto Ribadeo».

O equipo fará sesións de traballo en Ribadeo apoveitando as modernas instalacións deportivas municipais e o entorno natural privilexiado das praias do concello, onde haberá sesións físicas.

O encontro de pretempada ante Básquet Coruña será o venres día 4 ás 20:00 horas no Pazo dos Deportes de Ribadeo.

Na súa estancia no Concello de Ribadeo, o equipo aproveitará para compartir cancha e promocionar o deporte da canastra cos rapaces da base das escolas municipáis, e para visitar os enclaves máis representativos do concello.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información