Star Center amplía a súa colaboración co CB Breogán

Compartir con

A empresa lucense de electrodomésticos, que xa mantivo unha colaboración co club celeste durante o pasado play off, confirmou o seu compromiso de continuar xunto ao equipo lucense.

Star Center amplía a súa colaboración co CB Breogán
Star Center amplía a súa colaboración co CB Breogán

O acordo inclúe varias iniciativas que se deixarán notar pola presenza da imaxe da marca no entorno do Breogán, e por varias iniciativas de interese para o afeccionado como descontos en compras para os posuidores do carné de tempada, xogos e sorteos de produtos distribuídos polo establecemento, ou iniciativas dirixidas aos máis pequenos como o patrocinio da mascota do equipo, o popular Máximus.

O acordo foi presentado no establecemento que Star Center ten na Rúa Monforte de Lugo coa presenza do xerente do Grupo Cenor –no que se encadra Start Center-, Javier González, o responsable de marketing de Star Center, Marcos Dominguez, e o conselleiro delegado do CB Breogán, Alberte Fernández.

Javier González amosouse contento polo acordo entre Star Center e Breogán sendo como comentou «o Breogán un dos clubes de referencia do baloncesto e do deporte en Galicia». O responsable do Grupo Cenor salientou o seu compromiso co deporte e cómo o acordo encaixa á perfección no espírito de colaboracións mantidas polo seu grupo.

Marcos Domínguez destacou o carácter «social e cercano» que se acentuou no Breogán nos últimos tempos, e a identificación cunha empresa que traballa na cercanía como Star Center.

Alberte Fernández agradeceu a Star Center o interese por colaborar co Breogán e subliñou a súa esperanza de que sexa un acordo de longa duración.

Unha das liñas que se verán de xeito inminente será a que atinxa á campaña de aboados que será presentada o mércores 1 de xullo e que contará cunha nova categoría coñecida como Abono Star Center dirixida a aqueles Afeccionados que queiran ampliar a súa colaboración co club pero que tamén Terán algunha vantaxe adicional da man de Star Center. Tamén haberá oportunidade para os abonados de recuperar, mediante compras en Star Center, o importe parcial ou total do seu abono en descontos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información