Un corpo técnico consolidado para o Breogán

Compartir con

O equipo celeste continuará nas mellores mans técnicas unha tempada máis. Días atrás confirmábase a renovación de tódolos asistentes de Lisardo Gómez para traballar na campaña 2015/2016.

Un corpo técnico consolidado para o Breogán

Así veremos un ano máis no banco, encabezado por Lisardo Gómez, ao seu axudante Quique Fraga, encargado do scouting e, entre outras cousas, ser a sombra do adestrador xefe nas decisións técnicas. 

Tampouco faltará o experimentado delegado Francisco de Andrés, responsable de centos de facetas loxísticas que fan posible o funcionamento do equipo, e un enlace entre o plantel e o apartado administrativo. 

A saúde dos xogadores terá en Belén Díaz un referente no día a día. Recuperación de lesións e prevención co seu traballo de propiocepción son algunhas das facetas que domina para que os membros do equipo estean a punto.

E por último José Manuel Miragaya, o responsable de que o estado de forma dos xogadores sexa o óptimo en cada fase da tempada coas sesións de ximnasio, circuítos, específicos e control do estao de forma de cada xogador.

Voz_020 (1).mp3

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información