Visita do Ribeira Sacra Breogán ao colexio San José de Lugo

Compartir con

Adrián Chapela, Brandon Edwards, Sergio Sánchez, Osvaldas Matulionis e Álex López pasaron unha mañá cos alumnos do centro lucense San José. Houbo tempo para xogar cos máis pequenos e para debater sobre básket e outros moitos temas cos alumnos dos cursos máis avanzados. FOTOS DA VISITA

Visita do Ribeira Sacra Breogán ao colexio San José de Lugo
Visita do Ribeira Sacra Breogán ao colexio San José de Lugo
Visita do Ribeira Sacra Breogán ao colexio San José de Lugo

Mates con Brandon Edwards, autógrafos de Chapela, ou conversas con Osvaldo, Álex ou Sergio Son alguns dos recordos que levan os alumnos do centro trala visita dos xogadores celestes.

A mañá comezou no ximnasio do colexio onde os máis cativos puideron xogar cos deportistas e mesmo asinar algún autógrafo. Máis tarde, no salón de actos, os alumnos máis maiores do colexio, atrevéronse con preguntas interesantes para os xogadores: Dende cuestión sobre a súa adaptación á cidade ou as dificultades do idioma no caso dos estranxeiros, ata as súas referencias no mundo do baloncesto. Tamén houbo tempo para falar da importancia das precaucións no uso das redes sociais, das que tamén os xogadores son usuarios, e a importancia de estudar idiomas e de compatibilizar a vida do deportista coa vida académica.

Tódolos alumnos recibiron un convite para poder asistir ao encontro do sábado n Pazo ante o Melilla Baloncesto (19:15 horas).

Dende o CB Breogán agradecemos aos alumnos, profesorado, e dirección do centro San José, o recibimento e a organización da visita. Esperamos volver pronto e recibir a vosa visita no Pazo!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información