Chega unha campaña de abonados na procura dunha «Tempada de cine»

Compartir con

Chega unha campaña de abonados na procura dunha «Tempada de cine»

Tito Díaz avanzou as liñas da nova campaña que mantén os habituais prezos populares e descontos a colectivos

O Breo busca o apoio da masa social, clave no éxito do equipo e na procura do regreso á máxima categoría

Baixo o lema «Unha tempada de cine» e o xa tradicional «Fagamos Equipo» iníciase unha campaña de abonados (dende o luns 15 de xullo cunha primeira etapa só online) co ambiciosa cifra dos 4000 en mente.

Haberá facilidades para pagar o abono en dúas cotas do 50% cada unha e haberá descontos familiares, para desempregados, estudantes ou maiores de 65.

O lema «Unha tempada de cine» procura a relación entre os espectáculos deportivo e cinematográfico e dará pé a diversos deseños e vídeos durante a tempada relacionados co sétimo arte e a tódalas emocións que comparten os seus xéneros co que se pode vivir nunha tempada de baloncesto ou mesmo nun partido: ledicia, terror, emoción e, agardamos, que moitos finais felices.

 

 

CAMPAÑA ABONADOS 2019/2020

CONDICIÓNS XERAIS

Para a tempada 2019/2020 tódalas localidades serán numeradas, incluídos os fondos, polo que os prezos que aparecen no gráfico de gradas corresponden ao prezo final dos abonos individuais. O abono non inclúe un posible play off no que os aboados terán prezos vantaxosos e o club resérvase a opción de declarar un día do club que se confirmará coa suficiente ampliación en medios do club e prensa.

 

FASES PARA RENOVACIÓN E NOVAS ALTAS

-PRIMEIRA FASE RENOVACIÓN: 

Do 15 de xullo ao 20 de agosto (incluídos)

Os aboados da pasada tempada Terán preferencia sobre as súas localidades ata o 20 de agosto incluído.

ETAPA 1 ONLINE: Dende o 15 ao 21 de xullo (incluídos) só de xeito online os aboados da pasada tempada terán dereito preferente sobre as súas localidades do pasado curso.

ETAPA 2 ONLINE + PRESENCIAL: Dende o 22 de xullo ata o 20 de agosto (incluídos) as xestións de renovación e modificación por parte de aboados da pasada tempada poderase facer online e presencial nas oficinas do club. Ata o 20 de agosto as ubicacións estarán garantidas.

ETAPA 3 MODIFICACIÓNS DOS RENOVADOS (SO PRESENCIAL): Dende as 12:00 horas da mañá do 21 de agosto ao 26 de agosto (incluídos)

Neste terceiro período os aboados que xa renovaron terán uns días para facer cambios de localidades  e garantizarse unha nova ubicación entre as que  quedaron sen renovar por parte dos seareiros na primeira e segunda etapa . ETAPA EXCLUSIVAMENTE PRESENCIAL EN OFICINAS

Do mesmo xeito, durante tódalas etapas da PRIMEIRA FASE, os aboados da pasada tempada poderán tamén efectuar cambios de localidade dentro das que non estean ocupadas por outro aboado. 

 

-SEGUNDA FASE NOVAS ALTAS: 

Dende 27 de agosto ás 12:00 horas (incluído)

Os abonos non renovados antes do 20 de agosto deixarán libres as súas localidades e abrirase a venta de abonos ao público en xeral  A PARTIR DO 27 AGOSTO (dende as 12:00 horas), unha vez rematada a etapa 3 na cal os abonados poderon reubicarse nas localidades non renovadas por outros siareiros.

CATEGORÍAS

BABY BREO: de 0 a 4 anos á data de alta. Prezo único 5€ (Non da dereito a asento, para elo o interesado debe darse de alta como aboado infantil).

INFANTIL: de 5 a 17 anos (incluídos) á data de alta.

ESTUDANTE: de 18 a 24 anos (Incluídos) á data de alta.

SENIOR: de 25 a 64 anos (incluídos) á data de alta.

DESEMPREGADO: en categoría sénior aportando documentación acreditativa de procura activa de emprego con inscrición anterior 1 de xuño de 2019.

XUBILADO MAIOR DE 65 ANOS: persoas con 65 anos cumpridos á data de alta no abono e que acrediten situación legal de xubilación.

OPCIÓN DE PARKING: Praza en aparcadoiro superior lado Campus 70€ por praza. Os prazos preferentes sobre os posuidores de praza da pasada tempada son os mesos que os preferentes sobre o abono.

 DESCONTOS

CÓNXUXE (Matrimonio e parella de feito acreditados con Libro de Familia. Con, mínimo, un dos dous membros en categoría sénior): 35€ sobre o abono.

1º e 2º FILLO. (Acreditados con Libro de Familia.  Válido para menores de 25 anos á data de alta): 10€.

3º FILLO E SUCESIVOS (Acreditado con Libro de Familia.. Válidos para menores e 25 anos á data de alta): 20€.

PAGOS: FORMA E PRAZOS

Posibilidade de pago en efectivo, tarxeta de crédito ou domiciliación bancaria aportando o IBAN.

OPCIÓN DE PAGO FRACCIONADO: os aboados poderán fraccionar o seu pago en 2 prazos ata o inicio da tempada (data a definir polo Club cando se publique o calendario oficial da Liga), sendo a cantidade mínima a pagar de cada un dos prazos do 50% do importe total do abono, activándose o abono cando se complete a totalidade do importe.

As cantidades aportadas en pagos fraccionados non serán devoltas salvo causas xustificadas a tenor do criterio do Club. 

ABONOS: EMISIÓN DE TARXETA E VALIDEZ

Serán válidas as tarxetas de abono dos socios da pasada campaña. Os aboados que renoven a súa localidade contarán cunha reactivación automática online da súa tarxeta para o acceso aos partidos da tempada 2019/2020, non tendo que acudir así á oficina do Club por facerse todo o trámite online.

Nos casos de que o aboado da pasada tempada non conservara a súa tarxeta de abono ou, conservándoa ou non, fixera un cambio de localidade, deberá acudir ás oficinas para retirar unha nova tarxeta de abono.

O abono da tempada 2019/2020 será válido para acceder aos partidos de liga regular da tempada conforme ao calendario a definir pola propia Liga, excepto para a data declarada DÍA DO CLUB que será de pago para tódolos asistentes a elección do Club. Neste sentido o Club resérvase o dereito a elixir o importe a pagar polo afeccionado e os encontro en cuestión, comunicándoo en todo caso coa antelación suficiente en medios propios do club e prensa local.

O abono de tempada non inclúe un posible play off para o cal o aboado tería dereitos preferentes en canto a importes e localidades.

No día do Club manterase, en todo caso, o dereito ao acceso ao parking superior lateral Campus para os abonados posuidores da tarxeta acreditativa segundo as condición xa expostas.

Chega unha campaña de abonados na procura dunha «Tempada de cine»

--------------

 

Tódolos prezos relacionados tanto nas presentes condicións coma na website do Club inclúen o IVE preceptivo segundo a normativa vixente.

O usuario será o único responsable de facilitar os datos reais para levar a cabo os trámites de pago expostos nas presentes condicións así como calquer outro dato relacionado nas mesmas. Os erros derivados polo mal funcionamento dos terceiros prestadores de servicios (de pagamento) nalgunha das modalidades aquí descritas serán responsabilidade destes últimos, eximindo ao Club da mesma.

Tódolos datos recollidos serán tratados acorde á Política de Privacidade do Club e á Nota Legal.

 

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información