Comunicado CB Breogán

Compartir con

Desde o CB Breogán infórmase que, con respecto á situación do xogador Ben Edward Mclemore, decidiuse a continuidade do mesmo na dinámica do equipo con base nos seguintes aspectos:

-Unha vez comprobada a situación xudicial actual do xogador, constátase que a autoridade xudicial facúltalle á utilización do seu pasaporte con liberdade para, entre outros aspectos, continuar a súa prestación de servizos laborais e deportivos no noso club, polo que acatamos e respectamos a decisión xudicial.

- Así mesmo, o xogador mostrou a súa completa disposición para seguir colaborando coa xustiza e continuar co seu compromiso claro co Club, o persoal e o corpo técnico.

-O Club Baloncesto Breogán sempre expresou e reitera o máis absoluto rexeitamento a calquera tipo de violencia e, así mesmo, manifesta e solicita o respecto ao principio de presunción de inocencia.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información