Continúan á venda a entradas enviadas por Palencia para a Copa Príncipe

Compartir con

O Ribeira Sacra Breogán Xogará ante Quesos Cerrato Palencia a Copa Príncipe o venres 30 de xaneiro ás 21:15 horas no Polideportivo Marta Domínguez de Palencia. As entradas están a disposición dos afeccionados nas oficinas do CB Breogán no Pazo dos Deportes. A organización estableceu tres categorías de entradas por idades e prezos que oscilan entre os 10€ para un infantil e os 20€ para senior (maior de 21 anos). Haberá desprazamento en autocar para afeccionados.

As entradas están numeradas e pertencen a unha zona de fondo que se habilitará para a afección do CB Breogán que viaxe con entrada dende Lugo.

PREZOS ENTRADAS:

INFANTIL (Entre 4 e 13 anos): 10€

XOVEN (Entre 14 e 21 anos): 15€

ADULTO (Maiores de 21 anos): 20€

Venda de entradas nas oficinas do Pazo dos Deportes de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Tamén se despacharán entradas nas oficinas (non en taquilla) para as persoas que asistan ao encontro do sábado 24 de xaneiro ante Navarra (de 11:00 a 13:00 horas e de 17:30 en diante).

DESPRAZAMENTO EN AUTOCAR:

O clube organiza desprazamento en autocar con saída do Pazo dos Deportes o mesmo día da final (venres día 30 de xaneiro) ás 15:45 horas, e regreso a Lugo trala finalización do encontro.

O prezo por persoa para o desprazamento será de 15€ e a viaxe efectuarase sempre que se cubran un mínimo de 35 prazas. Será necesario efectuar o pago da viaxe e apuntarse ao mesmo  nas oficinas antes do mércores día 28 ás 20:00 horas.

O CB Breogán cumprirá de xeito riguroso a normativa vixente e recollida na Lei do Deporte e demais normativa de aplicación.

Vídeo cortesía da Peña Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información