#50anosdeBreo ¿Cal é a túa historia celeste?

Compartir con

Medio século de historia dun club dan para moitos momentos, lembranzas, instantes que quedan na memoria colectiva ou na memoria individual de cada afeccionado.

Durante estas semanas, na conta de Twitter oficial @CBBreogán, coas etiquetas #50anosdeBreo e #lemBreo, estamos a facer un repaso por centos de imaxes da nosa historia. Hai artigos de prensa, fotos, vídeos e obxectos que, xuntos, contribúen facer ese grandísimo puzle de medio século.

Gustaríanos contar coas túas pezas para seguir completando esta historia gráfica. Si gardas algunha foto coa túa vivencia persoal, algunha lembranza, un obxecto que poidas fotografar (camisetas, bufandas, pegatinas, cromos, autógrafos, momentos da afección…), algunha anécdota que queiras compartir… todo é importante nesta bonito percorrido polas últimas cinco décadas celestes.

Para aportar a túa peza do puzle podes tuitear coas etiquetas #50anosdeBreo e #lemBreo o que queiras compartir. Por suposto tamén podes compartilo la páxina de Facebook ou envialo por maila prensa@cbbreogan.com (si é por este medio indícanos algún dato da foto que achegas e o que queiras que poñamos no tuit).

Aporta a túa peza! #Fagamosequipo

#50anosdeBreo en Twitter 

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información