Caer, erguerse, seguir adiante... somos o Breo

Compartir con

Medio século de traballo, afección e orgullo

Punto e final para unha tempada na que o club traballou para medrar en aspectos como o social -na procura de devolver a Lugo parte do que nos da cada ano- e se deron pasos importantes para modernizarse en varios aspectos para seguir avanzando no seu camiño por volver á elite. Pero sobre todo, por afianzarse economicamente e seguir adiante na súa historia de máis de medio século xa. Un medio século que se resume con ollar para as gradas en cada partido e ver seareiros de certa idade que coñecen o Breo dende o berce, pero tamén familias e novos breoganistas que, sen ter vivido a ACB en primeira persoa, aprenden a gozar con algo único.

Dende o CB Breogán queremos agradecer públicamente o apoio da masa social, dos patriconadores e institucións, dos colaboradores de todos aqueles que dedicaron tempo e recursos para que este soño siga vivo, tras 50 anos.

GRAZAS

Caer, erguerse, seguir adiante... somos o Breo

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información