Aqueles xogadores que se atopen federados en calquera club de baloncesto pertencente á Federación Galega e que se encadren dentro da categoría «xoven» (entre 4 e 17 anos incluídos) poderán acollerse a un desconto especial do 50% sobre o prezo total do abono e poderán ter un abono polo prezo reducido de 20€.
Esta oferta non é acumulable para aqueles federados que sexan fillos de aboados ao contar xa coa tarifa reducida.
Os interesados deben presentar algún documento que acredite a súa condición de federado ben de xeito persoal ou a través do seu club.