Día de partido no Fogar do Breogán

Compartir con

O Cafés Candelas recibe ao Palencia nun partido clave para as aspiracións celestes (18:00 horas)

A derrota do CB Prat o venres ante o Río Ourense supón un freo na espectacular traxectoria do máis incansable perseguidor dos celestes. O partido de hoxe é unha oportunidade de ampliar o espazo entre o líder e os aspirantes a roubarlle a supremacía.

O Cafés Candelas terá diante a un Chocolates Trapa Palencia que non está a asinar a súa mellor tempada, pero o recente cambio no banco coa chegada de Alejandro Martínez parece ter reanimado ao equipo palenetino que, independentemente da súa irregular tempada, conta cun plantel cheo de nomes importantes na competición: Miso, Otegui, Pino ou Grimau entre outros.

O apoio do Pazo será fundamental unha xornada máis, na que s e podería dar o debut de Sandi Cebular co Cafés Candelas.

Natxo Lezkano agarda contar co equipo ao completo para tratar de sumar unha vitoria crucial.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información