Dupla presenza celeste no quinteto da xornada

Compartir con

Stainbrook e Löfberg son o mellor center e o mellor aleiro entre os cinco elixidos

Dupla presenza celeste no quinteto da xornada

O partidazo que o pasado sábado disputou o Cafés Candelas no  Pazo no que superou con contundencia ao Clavijo (96-50) reflíctese na presenza celeste no quinteto da xornada 14 en LEB Oro.

Stainbrook abraiou unha vez máis acadando 26 tantos de valoración con 10 puntos  anotados pero subindo moitos enteiros cunha faceta que domina o center celeste: as asistencias, repartindo 6 no partido do sábado, algunha delas espectaculares.

Johan Löfberg deixou atrás o baixón que coincidiu coa ventá FIBA e amosou de novo  a súa versión estelar aportando 21 puntos e 24 tantos de valoración.

Dupla presenza celeste no quinteto da xornada

Dous celestes nun quinteto no que  foi MVP o base de Araberri Alec Wintering (29 val.)

 

Base: Alec Wintering (Sáenz-Horeca Araberri) 29 val: 18 puntos (3/6 TL e 7/14 TC), 4 rebotes, 7 asistencias, 4 recuperacións, 1 tapón e 10 faltas recibidas.
Escolta: John Dee (Sáenz-Horeca Araberri) 28 val: 34 puntos (3/3 TL e 13/22 TC), 2 rebotes, 3 asistencias e 2 faltas recibidas.
Aleiro: Johan Löfberg (Cafés Candelas Breogán) 24 val: 21 puntos (9/11 TC), 3 rebotes, 1 asistencia, 2 recuperacións e 2 faltas recibidas.
Ala-Pívot: Jubril Adekoya (Levitec Huesca) 28 val: 20 puntos (5/5 TL e 7/9 TC), 8 rebotes, 2 asistencias, 1 recuperación e 3 faltas recibidas.
Pívot: Matt Stainbrook (Cafés Candelas Breogán) 26 val: 10 puntos (2/2 TL e 4/5 TC), 6 rebotes, 6 asistencias, 1 recuperación, 2 tapones e 3 faltas recibidas. 

Dupla presenza celeste no quinteto da xornada
Dupla presenza celeste no quinteto da xornada

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información