Fakuade e Stainbrook, no Colexio Rosalía de Lugo

Compartir con

Os alumnos do centro lucense  rendironun grande recibimento para os xogadores do Cafés Candelas

Fakuade e Stainbrook, no Colexio Rosalía de Lugo

Matt e Michael visitaron varias aulas do centro Rosalía de Castro onde os alumnos e mestre, sempre en inglés, tiñan preparadas presentación en power point resumindo a traxectoria dos dous breoganistas, unha ampla serie de preguntas sobre diversos temas e algunha sorpresa como un Happy Birthday  cantado a ámbolos dous xogadores que celebran os seus respectivos aniversarios durante estas datas (Matt o vindeiro 5 de marzo e Fakuade o pasado 18 de febreiro). Tamén houbo agasallos como unha medalla de lembranza para cada un conmemorativa da visita ou algunha caricatura coa que se atreveron os rapaces do centro.

Fakuade e Stainbrook, no Colexio Rosalía de Lugo
Fakuade e Stainbrook, no Colexio Rosalía de Lugo

Agradecemos ao persoal, profesorado a alumnos do Rosalía de Castro o recibimento e agardamos velos a todos no Pazo.

Esta iniciativa encádrase no programa de promoción do deporte e colaboración con proxectos educativos e sociais que leva a cabo o CB Breogán co patrocinio da Deputación de Lugo.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información