Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo

Compartir con

O adestrador do Cafés Candelas aproveitou a rolda de prensa ofrecida con motivo do encontro da xornada 13 de LEB, que se realizou na espectacular Sala de Mosaicos do museo para realizar un percorrido polas salas máis representativas.

Con Sergi Quintela como anfitrión lucense,  quen visitou en varias ocasións o museo xa dende pequeno na súa etapa escolar, e acompañados por un guía da Rede Museística Provincial, o adestrador percorreu varias das estancias comezando pola propia Sala de Mosaicos, onde se celebrou a rolda de prensa xunto a pezas dun importantísimo valor arqueolóxico como os mosaicos de Armañá e Batitales, estelas funerarias de época prerromana, aras votivas, etc.

Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo

O paseo continuou polo claustro (S. XV-XVIII) onde se expoñen reloxos de sol procedentes de diversos pazos galegos ou pezas da época romana. Non puido faltar a visita á zona de Orfebrería  antiga onde se atopan os torques e pezas de ouro da Idade de Bronce e da época castrexa.

Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo

Lezkano e Quintela pasaron tamén pola sala dedicada á Prehistoria ou numismática, e coñeceron algunhas pezas de escultura galega. Tampouco perderon a oportunidade de visitar as antigas cociñas do edificio pertencentes ao antigo convento de San Francisco do que se conserva parte da edificación principal, como é o caso da citada cociña onde se expoñen pezas como utensilios da cociña tradicional galega.

Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo

O propio Lezkano comentou sentirse gratamente sorprendido pola extensión do museo e  as exposicións que acolle e prometeu volver moi pronto para coñecer máis polo miúdo un enclave que, como no caso do adestrador, sorprende aos novos visitantes. Unha parada imprescindible para coñecer a nosa historia e cultura, tanto para os turistas, como para os lucenses.

Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo
Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo
Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo
Lezkano coñeceu o Museo Provincial de Lugo

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información