Mario Outeiro visitou as parroquias de Adai e Cela do Corgo

Compartir con

O programa “Todos a Xogar”, que puxo en marcha a Área de Benestar Social e Deporte da Deputación, leva máis de 50 accións na comarca de Lugo con actividades deportivas gratuítas.

Mario Outeiro visitou as parroquias de Adai e Cela do Corgo
Mario Outeiro visitou as parroquias de Adai e Cela do Corgo

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, visitou esta tarde aos veciños e veciñas das parroquias de Adai e Cela, no Corgo, que logo de inscribirse no programa “Todos a Xogar” están a acudir semanalmente a actividade de ximnasia xerontolóxica de envellecemento activo para persoas maiores cun monitor. Ao redor de 15 veciños e veciñas de cada parroquia acoden ás instalacións onde se xuntan para realizar actividade física aconsellada á súa idade a través do monitor da Fundación BALOGAL, no caso da veciñanza de Adai, na antiga escola, e no caso da veciñanza de Cela, no centro social da parroquia.

Mario Outeiro afirmou que “Todos a Xogar é un programa totalmente transversal, que implica desde o deporte ao benestar social, igualdade e xuventude, xa que pretende reactivar a actividade física nos segmentos de poboación que habitualmente non realizan deporte en concellos do rural nos que hai menos oportunidades, como neste caso acontece cos veciños e veciñas de Adai e Cela”. Outeiro indicou que neste proxecto de dinamización da actividade física “non só participan os concellos, senón que tamén se desenvolve en colaboración con colectivos de persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, e a través de asociacións culturais e deportivas que constitúen a base da nosa sociedade”.

“Levar a cabo este tipo de accións na poboación do no noso medio rural ten unha importante compoñente tamén cultural e de cohesión social, xa que permite ás persoas entrar en contacto, compartir experiencias e socializar, polo que tamén son moi importantes para evitar a inactividade e o despoboamento do rural”, apuntou Mario Outeiro.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información