Michael Fakuade, mestre de inglés

Compartir con

O xogador participou nunha sesión no colexio Salesianos de Lugo

Michael Fakuade, mestre de inglés

Unha clase diferente foi a que tiveron os alumnos do centro Divina Pastora Salesianos este luns coa presenza do xogador do Cafés Candelas.

Fakuade comezou a clase presentándose e falando aos alumnos sobre a súa vida de xogador, as súas orixes, a súa cidade en Estados Unidos e moitos outros temas que escoitaron atentamente os alumnos, que despois cumpriron o encargo de David, o seu mestre habitual, de formular preguntas variadas ao xogador. Unha a unha, Fakuade foi respondendo as cuestións que abarcaron dende os seus gustos persoais en canto a música, cine ou literatura, ata o deporte ou a familia.

Antes de despedirnos dos alumnos houbo tempo para algunha foto de lembranza e autógrafos.

Agradecemos ao centro, ao profesorado e os alumnos o recibimento e agardamos repetir experiencia moi pronto. Vémonos no Pazo.

 

Michael Fakuade, mestre de inglés
Michael Fakuade, mestre de inglés
Michael Fakuade, mestre de inglés
Michael Fakuade, mestre de inglés
Michael Fakuade, mestre de inglés
Michael Fakuade, mestre de inglés

Esta iniciativa entra dentro do programa patrocinado pola Deputación de Lugo mediante o cal os xogadores participan en proxectos educativos e sociais.

Michael Fakuade, mestre de inglés

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información