Norel representará ao Cafés Candelas Breogán na presentación de Liga Endesa

Compartir con

O xogador foi membro do quinteto da liga na pasada tempada 

Henk Norel estará na gala da presentación da Liga Endesa desta martes e que será retransmitida pola nova canle “Vamos” de Movistar+.  O xogador estará acompañado por directivos do club.

Trala gala, Norel realizará as probas médicas definitivas que determinarán o método máis adecuado para a súa recuperación, o que non descarta un posible paso por quirófano para solucionar as súas molestias de xeonllo. Este extremo dependerá das probas definitivas previstas para esta semana na que se tomarán decisións para procurar a súa recuperación e integración no traballo co resto dos compañeiros do Cafés Candelas Breogán.


O club emitirá un comunicado en cando se dispoñan das información completas e valoración por parte dos equipos médicos que tratan o caso do xogador.

Norel representará ao Cafés Candelas Breogán na presentación de Liga Endesa

Henk Norel será tamén un dos protagonistas dunha reportaxe que a nova canle "Vamos" de Movistar+ prepara sobre o regreso do baloncesto lucense á elite nacional da man do Cafés Candelas Breogán e do Durán Maquinaria Ensino. Por parte do Cafés Candelas tamén estarán o Director Deportivo Quique Fraga e o capitán Slva Arco.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información