O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais

Compartir con

Membros do equipo visitaron as instalacións onde coidan a máis de 300 cans

O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais

A Sociedade Protectora de Lugo traballa intensamente en varias frontes: dende o coidado de máis de 300 animais, alimentando, vacinando e mantendo nas mellores condicións posibles a centros de cans abandonados, ata buscando familias de adopción ou padriños para dar un fogar o axudar ao condado destes animais.

O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais

Gilling, Bropleh, Cabanas, Lezkano e Quique Fraga percorreron, acompañados da deputada de benestar, Sonsoles López, e directivos e voluntarios da protectora, as dependencias onde viven os animais acollidos e onde buscan dono dende o seu primeiro día.

O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais
O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais
O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais

Os visitantes tamén coñeceron parte dos terreos adxuntos cedidos pola Deputación de Lugo e destinados a que os animais teñan máis espazo para os seu coidados, exercicio e convivencia cos padriños, voluntarios e posibles adoptantes.

O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais
O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais

Dende o CB Breogán apoiamos as iniciativas da Sociedade Protectora, lembramos que o mellor xeito de axudar ao benestar animal é, ademais de adoptar ou apadriñar, nunca mercar un animal de compañía sen antes pasar pola protectora onde un  can pode estar agardando polo seu fogar adecuado.

O Breogán xa dedicou un partido da presente temporada a difundir as actividades da Sociedade Portectora.

Par coñecer mellor a Sociedade Protectora animais a visitar a súa web: protectoralugo.org

Esta actividade de apoio a entidades que traballan a favor da sociedade conta co patrocinio da Deputación de Lugo 

O Breo, coa Sociedade Protectora de Animais

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información