O Cafés Candelas afronta un clásico especial en Manresa

Compartir con

O vindeiro domingo o Cafés Candelas visita ao BAXI Manresa (12:30h.)

Será un partido especial por moitos motivos. Ademais da importancia deportiva que ten, trátase dun encontro que enfronta a dous equipos recentemente ascendidos a Liga Endesa, unha circunstancia difícil de atopar na ACB durante os últimos anos, e que simboliza o aire fresco e a renovación que representa para a competición o ascenso de dous equipos no mesmo ano.

O Cafés Candelas afronta un clásico especial en Manresa

Ademais significa a reedición dun clásico do baloncesto, e lembrar un duelo que a pasada tempada deixou grandes momentos tanto na pista como na grada no pulso que mantiveron os dous equipos polo ascenso e mesmo na final de Copa Princesa. Partidos de alto nivel na pista e exemplar na grada con dúas afeccións festexando un evento no que preside a sa rivalidade e a festa dun deporte que, con diferentes cores, únenos.

O Cafés Candelas afronta un clásico especial en Manresa

A afección de Manresa e a do Breogán manteñen unha fluída relación e todo o que acontece en Lugo e Manresa é sempre compartido por seguidores de ámbalas dúas cidades. Neste caso as peñas vermellas terán un detalle espectacular lembrado a Mirian Vázquez, a colaboradora do Breo e afeccionada celeste que falecía días atrás deixando un baleiro importante entre a afección por moitos motivos. En Manresa dedicarán unha pancarta para lembrala e homenaxear a unha persoa que moitos afeccionados cataláns coñeceron con motivo da Final da Copa Princesa, na que Mirian foi parte importante entre o corpo de voluntarios e colaboradores que fixeron posible unha cita única.

Sen dúbida estamos ante unha cita especial.

O Cafés Candelas afronta un clásico especial en Manresa

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información