O Cafés Candelas faise co IV Trofeo «Lugo é Básquet» superando con claridade ao COB

Compartir con

O capitán Salva Arco recolleu o trofeo de mans do concelleiro dedeportes
O capitán Salva Arco recolleu o trofeo de mans do concelleiro dedeportes

O equipo celeste venceu ao Río Ourense 102-80 e pensa xa na semifinal de Copa Galicia

O equipo de Lezkano superou aos ourensanos que mantiveron a igualdade no cuarto inicial e viron como un Breo entoado con momentos de xogo brillante amosábase superior no Pazo.

Nun encontro no que non participou Matt Staibrook, ámbolos dous equipos en plena rodaxe aproveitaron para facer probas e afinar o seu xogo de cara ao inicio de tempada no que repetirán derbi na xornada inaugural.

Antes, Breo e COB poderían verse de novo na semifinal de Copa Galicia do vindeiro venres en Marín.

Leo Demetrio foi o home máis destacado dos celestes e foi nomeado MVP do torneo con 23 puntos e o rebotes (29 de valoración. Tamén destacaron Löfbergo con 18 puntos, Rubio con 9 puntos e 5 rebotes e 5 asistencias, üriz con 15 puntos e 6 asistencias e Arco con 13 puntos.

Trist foi o máis destacado dos cobistas con 19 puntos e 11 rebotes.

O Cafés Candelas faise co IV Trofeo «Lugo é Básquet» superando con claridade ao COB

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información