O Cafés Candelas incorpora a Emir Sulejmanovic

Compartir con

O equipo celeste busca blindar o xogo interior co pívot de 2,05m. con pasado azulgrana 

Sulejmanovic chega ao Cafés Candelas Breogán cedido polo Montakit Fuenlabrada, e tras pasar polo Cibona croata co que disputou Liga croata, Liga Adriática, Basketball Champions League e FIBA Europe Cup.

Trátase dun xogador xoven (13/07/1996)  pero con experiencia na liga. É un interior versátil, capacitado para xogar en porte baixo e aberto, e para anotar dende posicións próximas ao aro sen descartar a anotación exterior. Destaca tamén polas capacidades defensiva e reboteadora.

Na tempada 2015/2016 xogou no segundo equipo do FC Barcelona Lassa, sendo o segundo mellor reboteador da liga con 8,64 capturas por partido de media, e aportando 12,5 puntos.

Emir Sulejmanovic naceu na localidade bosnia de Žepa e posúe dobre nacionalidade bosnia e finlandesa.

O Cafés Candelas incorpora a Emir Sulejmanovic
Foto: Montakit Fuenlabrada - Emilo Cobos
Foto: Montakit Fuenlabrada - Emilo Cobos

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información