O Ribeira Sacra Breogán pecha a liga regular cunha sufrida vitoria no Pazo (85-80)

Compartir con

O equipo celeste sufriu moito para vencer ao Prat Joventut. O equipo catalán chegou a dominar aos lucenses de hasta once puntos de diferenza. O equipo de Lisardo tivo que tirar de oficio para repoñerse dun mal terceiro cuarto que chegaba ao seu final cun 56-64 no electrónico que obrigaba á remontada nun frenético cuarto fina (29-16).

Así  o fixo o Ribeira Sacra Breogán que contou cun gran Edwards (29 puntos, 4 rebotes, 3 recuperacións, 2 tapóns e 34 puntos de valoración final), un destacado Álex López (17 puntos 4 rebotes, 3 asistencias) , e un bo Mc Ghee (12 puntos, 7 rebotes, 5 recuperacións e 8 faltas recibidas).

O equipo lucense remata terceiro a tempada regular e enfrontarase ao Quesos Cerrato Palencia na primeira rolda de play off, ao mellor de tres encontros, que dará inicio no Pazo o vindeiro venres 24 de abril (21:00 horas).

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información