O sedentarismo e a incidencia nas lesións na etapa de crecemento, baixo a lupa de catro profesionais

Compartir con

Charla coloquio o mércores día 14 ás 19:30 horas na Deputación de Lugo

Está demostrado que o sedentarismo afecta de diversos xeitos á saúde das persoas. A etapa de crecemento dos máis novos tamén se ve afectada pola falta de actividade e mesmo naqueles individuos que practican algún deporte.

A Responsable da Unidade de Traumatoloxía de Hospital Polusa, a Dra. Luisa Ibáñez, o readaptador do CD Lugo, Adrián Negro, o fisioterapeuta do Cafés Candelas Breogán, Jaime Capellá e o recoñecido empresario da comunicación, Fidel Fernán, sentaranse  nunha mesa para falar do tema dende diferentes puntos de vista profesionais.

Os catro participantes poderán dar a súa visión dende o punto de vista médico, de recuperación e readaptación, e mesmo o punto de vista dos medios de información coa achega do moderador Fidel Fernán.

Será o mércores 14 a partir das 19:30 horas na sala de exposicións do pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, que alberga a exposición sobre os 50 anos do Breogán.

Esta iniciativa está organizada polo CB Breogán co gallo do medio século de  historia, conta co patrocinio da Deputación de Lugo e coa colaboración do Hospital POLUSA.

O sedentarismo e a incidencia nas lesións na etapa de crecemento, baixo a lupa de catro profesionais

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información