Partido solidario con ACCEM Lugo

Compartir con

O traballo de Accem Lugo a favor de persoas inmigrantes e refuxiadas  será protagonista vindeiro partido do Breogán no Pazo dos Deportes

A iniciativa desenvólvese no marco do contrato de patrocinio entre a Vicepresidencia da Deputación e o club

O CB Breogán dedicará o partido do vindeiro sábado -6 de abril – co Palencia a visibilizar a labor da Accem Lugo, centrada na atención e apoio a persoas inmigrantes ou refuxiadas e a vítimas de trata.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán Tito Díaz, o responsable territorial de Accem en Lugo Daniel Bóveda e a traballadora social da entidade Estefanía Sánchez presentaron a iniciativa, que se desenvolve no marco do acordo de patrocinio entre a institucional provincial e o club celeste.

Na presentación, as tres entidades coincidiron en valorar a dinámica de equipos con deportistas profesionais de distintas nacionalidades, como exemplo de convivencia multicultural . Destacaron tamén que a afección e a práctica deportiva propician a cohesión social.
A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.


Accem Lugo

Accem Lugo é unha ONG especializada no traballo vinculado ao dereito de asilo e a protección internacional. Lugo conta con equipo interdisciplinar cunha experiencia moi consolidada na atención a este colectivo, integrado por avogados/as, psicólogos/as, traballadores/as sociais, educadores/as, profesores/as etc., especialistas preparados/as para proporcionar a atención e o apoio que as persoas refuxiadas necesitan para poder emprender un novo comezo na sociedade de acollida. 

Desde Accem Lugo tamén se traballa na atención e acompañamento das vítimas de trata con fins de explotación sexual e conta cun servizo de asesoramento técnico especializado no ámbito xurídico social a través dos seus programas autonómicos. Así mesmo, é destacable o seu labor na promoción do voluntariado, expresión de solidariedade, participación e transformación social.

Partido solidario con ACCEM Lugo
Partido solidario con ACCEM Lugo

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información