Pesar polo falecemento de D. Jesús Lence

Compartir con

O empresario, expresidente, máximo accionista do Breogán e patrocinador histórico do deporte faleceu aos 79 anos

Triste nova a perda dun home comprometido dende hai décadas co tecido empresarial, propietario de, entre outras empresas, de Leche Río e Leyma, e un dos patrocinadores máis prolíficos do deporte galego.

Principal accionista do CB Breogán SAD, club do que fora presidente entre 2004 e 2006, Jesús Lence sempre estivo presente como patrocinador, dando nome ao equipo durante moitas tempadas (Leche Río Breogán).

Na presente campaña o Breo loce, como é habitual ao longo da súa historia recente, a súa marca está na equipación de xogo e no Pazo dos Deportes, sendo un ano máis Leche Río unha das marcas patrocinadoras principais do equipo.

Dende o CB Breogán, Consello de Administración, corpo técnico, xogadores e empregados, queremos facer público o noso pesar e transmitir as nosas condolencias a familiar e achegados.

Nos prolegómenos do partido deste domingo no Pazo entre Breogán e FC Barcelona gardarase un minuto de silencio na memoria do que foi presidente, patrocinador histórico e máximo accionista do club. O equipo xogará con crespóns negros na súa honra.

Ata sempre DEP

Pesar polo falecemento de D. Jesús Lence

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información