Pretempada: Unha primeira semana para suar

Compartir con

O Leite Río ponse en marcha o luns 19 cuna primera semana con moita carga de traballo físico

Conta atrás para unha nova tempada celeste. O proxecto con Diego Epifanio no banco arranca cunha primera semana de pretempada na que está previsto que se traballe en dez sesións, con oito delas centradas case exclusivamente na posta a punto física do plantel, e na que tamén haberá tempo para introducir as primeiras liñas tácticas propostas polo equipo técnico.

O preparador físico Jaime Capellá ten programados os test físicos durante os dous primeiros días para comprobar o nivel de forma en que chegan os xogadores, que se agarda que sexa bo xa que todos eles traballaron durante o verán seguindo o plan de traballo especifico enviado polo club dende o intre no que asinaron co equipo, buscando que a adaptación ás esixencias do traballo de pretempada sexa rápido.

Progresivamente os adestramentos irán incorporando carga táctica e na segunda semana, o día 31, haberá a primeira proba ante o Benfica no Pazo.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información