Ricardo Hevia e Ramón Estévez, recoñecidos polos 50 anos de Breo

Compartir con

O ex adestrador e o ex presidente recibirán a súa homenaxe no descanso do partido

Ramón Estévez Barrio foi presidente do CB Breogán entre os anos 1988 e 1993, unha etapa no que o equipo celeste xogou na máxima categoría do baloncesto español. Con Estévez como presidente o Breogán impulsou a súa conversión en S.A.D, dando un paso clave para o futuro da entidade, algo que segue a ser moi importante hoxe en día. Aquela xestión tivera ademais o mérito engadido de que todas as acción da entidade foron cubertas por capital privado. Ao seu mandato atribúense, entre outras cousas,  a chagada a un acordo de patrocinio moi importante na historia celeste como foi o asinado coa empresa DYC.

Estévez nunha homenaxe a Torrado na súa etapa de presidente
Estévez nunha homenaxe a Torrado na súa etapa de presidente

Ricardo Hevia é un dos adestradores que máis partidos dirixiu ao Breogán na súa historia. Estivo á fronte do banco celeste en cinco tempadas en  tres etapas diferentes: de 1989 a 1991, na 1992-93 e de 1995 a 1997.

Hevia é un dos poucos adestradores que adestrou a tres equipos galegos  na máxima categoría (Ourense, OAR e Breogán). Natural de Mieres (Asturias), ten fixada a súa residencia en Lugo dende hai moitos anos.

Ricardo Hevia e Ramón Estévez, recoñecidos polos 50 anos de Breo
Ricardo Hevia e Ramón Estévez, recoñecidos polos 50 anos de Breo

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información