Unha camiseta que resume un sentimento de medio século

Compartir con

«E aquí seguimos en pé», unha frase que simboliza unha historia chea de obstáculos superados

Unha camiseta que resume un sentimento de medio século

David Prado, cantautor e grande afeccionado ao Breogán, non dubidou en incluír no estribillo da canción dos 50 anos do Breo, unha frase que ten moito significado. Un club grande pero modesto que loita día a día para seguir adiante e sempre ben acompañado por unha enorme afección. E despois de 50 anos de historia, de alegrías e decepcións, ese club e ese sentimento seguen en pé.

Unha camiseta que resume un sentimento de medio século

Os afeccionados a poden mercar a camiseta conmemorativa dos 50 anos. Unha edición limitada a prezo de 35€ con deseño exclusivo, de grande calidade para unha data única na historia do club.

A camiseta foi presentada polo propio equipo que xogou con ela o encontro oficial do pasado día 25 de febreiro e que vestiu un trunfo importante na cancha ante o CB Prat.

Unha camiseta que resume un sentimento de medio século

A xestión desta prenda pertence en exclusiva ao CB Breogán tras chegar a un acordo coa empresa que ten a exclusiva do merchandising, e os beneficios das vendas recalarán íntegramente no CB Breogán.

Polo momento a prenda está dispoñible en Deportes Élide e proximamente poderase adquirir no Pazo dos Deportes e nunha tenda online que será activada nos vindeiros días.

Unha camiseta que resume un sentimento de medio século
Unha camiseta que resume un sentimento de medio século

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información