Faite coa túa pulseira solidaria e fagamos equipo contra o MEF2C

Compartir con

Por so 2 € leva una pulseira e colabora para que os investigadores atopen una cura contra esta rara doenza

O reto de Salva Arco segue adiante e xa implica a varios deportistas e empresas relacionadas co deporte e outros sectores.

Polo de agora o compañeiro de equipo Ricardo Úriz tamén mercou un lote de pulseiras e nas próximas semanas, xogadores como Matt Stainbrook e outros compañeiros de equipo e corpo técnico iranse sumando.

Ademais do propio Breo, Tamén entidades comprometidas coa causa e tamén colaboradoras, como Marzo Saúde ou Kids&Us ou a asociación de accionistas do Breo Nove Ondas, teñen o seu lote de pulseiras que reparten entre os seus clientes e asociados.  Este xesto solidario axuda a difundir esta campaña que busca o sorriso dos nenos afectados e que dará cura ao síndrome MEF2C para os nenos que o sofren, e evitará que no futuro esta doenza e outras parecidas sexan o pesadelo de familias como a de Celia que visitou o Pazo recentemente e que merecen todo o apoio polo traballo de difusión e de concienciación sobre una doenza pouco común e o xeito exemplar de loitar día a día sempre con optimismo.

Salva segue adiante co seu reto e facendo equipo con todos os que mostran a solidariedade.

Os interesados en adquirir una pulseira poden pasar polas oficinas e levar, por 2€, un símbolo da loita polo benestar de nenos e familias e da loita pola investigación médica. Toda a recadación vai íntegra para financiar a investigación.

As pulseiras pódense mercar no pazo en horario de oficina de 10 a 14 e de 17 a 20 horas de luns a venres.

 

Faite coa túa pulseira solidaria e fagamos equipo contra o MEF2C

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información