Faite coas entradas para o Cafés Candelas - Shenzhen Leopards do xoves no Pazo

A organización, de acordo co Breogán, estipulou prezos vantaxosos para os aboados celestes

As entradas para o partido deste xoves 13 de setembro ás 20:30 horas no Paoz entre o Cafés Candelas Breogán e Shenzhen Leopards xa están á venda tanto de xeito presencial como online na taquilla de cbbreogan.com.

As entradas para o encontro, organizado pola empresa que leva a xira europea dos Leopards, terán un prezo xeral de 10 € para maiores de 18 anos e de 5€ para os menores no caso dos non aboados. O CB Breogán negociou coa organización un prezo especial para os aboados celestes que pagarán 5€ se son maiores de idade e 3€ se teñen menos de 18 anos.

 

Faite coas entradas para o Cafés Candelas - Shenzhen Leopards do xoves no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información