Gardas algunha peza da historia do Breo?

Compartir con

Estamos preparando unha exposición sobre os 50 anos do club e ti serás parte fundamental

Gardas algunha peza da historia do Breo?

En 50 anos de historia son moitas as lembranzas, obxectos, fotografías, trofeos, publicacións, abonos, prendas… que ano a ano o Breogán foi poñendo en circulación. Cada afeccionado ten unha vivencia especial relacionada a determinados obxectos, imaxes ou anécdotas  vencelladas ao club e a súa afección.

Camisetas históricas do Breogán
Camisetas históricas do Breogán

O club, co patrocinio da Deputación de Lugo e o soporte da Rede Museística Provincial, está traballando na exposición dos 50 anos de Breogán. Para elo contamos coa colaboración da masa social e as achegas (en forma de préstamos) de pezas que, unha vez valoradas pola organización, poden formar parte da exposición. Aquelas que non poidan ser expostas por motivos de espazo ou outras razóns, serán arquivadas e expostas en imaxes en pantallas nas mesma exposición e en galerías de fotos que o club publicará en web e redes sociais.

Calquera  obxecto ou imaxe que consideres que pode ser interesante para a exposición, será benvida. Para colaborar animamos a todos a fotografar o obxecto, ou dixitalizar a fotografía e enviala a través do formulario que poñemos a disposición no formulario que inclúe esta información.

Cantos máis datos poidas aportar da peza ou imaxe, mellor poderemos situala na nosa cronoloxía histórica, e valoraremos tamén as vivencias paersoais dos donos das pezas vencelladas ás mesmas.

Es parte da nosa historia. Contamos contigo.

ENVÍA A TÚA PROPOSTA: usando o seguinte link

Gardas algunha peza da historia do Breo?

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información