Hospital POLUSA será o soporte médico do CB Breogán unha tempada máis

Compartir con

Justo Jorge e Jesús Lázare asinaron o acordo
Justo Jorge e Jesús Lázare asinaron o acordo

O director de Hospital POLUSA, Justo Jorge, e o presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, asinaron a renovación do convenio mediante o cal o centro médico continuará sendo parte fundamental do equipo. 

Soporte médico durante os encontros e atención médica para as necesidades do equipo, recoñecementos médicos, etc., serán algunhas das actuacións para as que o Breogán contará con POLUSA nesta tempada.

O reitor do centro hospitalario, Justo Jorge, felicitou ao presidente e ao adestrador – presente no acto- pola boa marcha do proxecto celeste na presente campaña e o dirixente celeste,  Jesús Lázare, agradeceu a POLUSA a súa implicación co deporte lucense.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información