Hyundai Ditramotor pon ao Breogán sobre rodas

Compartir con

O concesionario lucense Ditramotor, pertencente ao Grupo Ditram convértese no provedor oficial dos automóbiles que conducirán varios dos xogadores do equipo lucense na tempada 2015/2016. Samb,Rakocevic, Matulionis, Howard e Nelson xa conducen os seus novos modelos Hyundai. GALERÍA DE FOTOS

Hyundai Ditramotor pon ao Breogán sobre rodas
Hyundai Ditramotor pon ao Breogán sobre rodas

A entrega efectuouse no concesionario Ditramotor ao que acudiu o plantel do Cafés Candelas ao completo e onde se realizou unha rolda de presa na que compareceron o xerente do Grupo Ditram, Rubén Gil, o presidente do CB Breogán, Antonio Veiga, e o adestrador  do equipo celeste Lisardo Gómez. O xerente de Ditram amosouse satisfeito porque Hyundai Ditramotor poida contribuír co Breogán cun patrocinio que consiste, entre outras accións, na cesión de automóbiles para os xogadores, e amosou a súa predisposición para que o acordo se prolongue máis aló da presente tempada. Gil desexou os maiores éxitos ao equipo celeste na tempada que está a piques de comezar. 

Pola súa banda, Antonio Veiga agradeceu aos responsables  do concesionario Hyundai a súa colaboración e destacou a importancia de que empresas lucenses se impliquen co proxecto celeste. Veiga destacou que os coches que utilizarán os xogadores serán unha importante axuda para a vida diaria dos deportistas e ademais servirán como vehículos para levar a diversos puntos de Lugo e a provincia a promoción do deporte a través das diversas actividades nas que participará o equipo. Lisardo Gómez sumouse ao agradecemento e prometeu traballar ao máximo para que o equipo acade éxitos e tódalas empresas colaboradoras sexan partícipes deles.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información