Israel Gutiérrez chega ao Leite Río Breogán para sumar enerxía e traballo

Compartir con

Israel Gutiérrez chega ao Leite Río Breogán para sumar enerxía e traballo

O internacional mexicano confesouse cómodo facendo o “traballo sucio” e menos vistoso do equipo con esforzo defensivo e entrega

O director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, deu a benvida oficial ao internacional mexicano Israel Gutiérrez. Díaz expresou a satisfacción do club por poder incorporar un xogador do nivel do pivote e agradeceu as facilidades dadas por chegar a un acordo para a súa fichaxe no que primou o interese do xogador por unirse a un proxecto en Europa, por encima do condicionante económico. O movemento permite manter ao club dentro do plan de viabilidade marcado en canto ao aspecto económico que prima a estabilidade da entidade na actual e as próximas tempadas.

Gutiérrez mostrouse agradecido polo interese do Leite Río Breogán e dixo chegar ao equipo para achegar traballo, enerxía e realizar, sempre que se lle pida, o traballo menos vistoso de defensa férrea e enerxía preto do aro. Sobre o equipo dixo sentirse integrado desde o primeiro minuto e cómodo na cidade que é xa o seu novo fogar ata o final da presente tempada.

Ao ser interrogado sobre as referencias que tiña do club e a liga dixo que o adestrador asistente, Javier Muñoz, con experiencia no baloncesto mexicano, foi unha boa referencia para a súa chegada e tamén a infomación que lle achegaron outros técnicos españois que traballan no país de orixe do novo pivote breoganista.

Damos a benvida ao novo gladiador celeste e desexamos o maior éxito co Leite Río Breogán.

Israel Gutiérrez chega ao Leite Río Breogán para sumar enerxía e traballo
Israel Gutiérrez chega ao Leite Río Breogán para sumar enerxía e traballo
Israel Gutiérrez chega ao Leite Río Breogán para sumar enerxía e traballo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información